O Leyma Básquet Coruña viaxa a Barcelona en busca de vitorias tamén fóra de casa

Antes do breve parón do Nadal os laranxas afrontan unha semana intensa, con partido mañá mércores ás 20:45 horas contra o FC Barcelona Lassa na Cidade Condal, ao que seguirá o choque contra o Planasa Navarra este domingo día 20 en Riazor, ás 12:00 horas.

Na análise sobre o enfrontamento de mañá, o adestrador Tito Díaz subliñou a calidade do equipo blaugrana, "moi equilibrado, tanto por axuntar mocidade e experiencia como xogo interior e exterior", e no que chaman a atención os seus bos números no rebote, con 37 de media, dos cales máis de 12 por partido son ofensivos.

Dous xogadores recoñecidos a nivel europeo son os alicerces dunha completa e amplo persoal, que para nada pode facer pensar no FC Barcelona Lassa como un equipo filial: trátase da base esloveno Jaka Lakovic e a á pivote checo Lubos Barton, que recalan esta tempada en Barcelona asumindo moito protagonismo e axudando aos xogadores máis novos a crecer, entre eles algúns de nivel ACB como a á pivote Emir Sulejmanovic e o escolta Marc García. E todos eles guiados por "un adestrador de luxo", o experimentado Alfred Julbe.

Os blaugranas mantéñense en postos de play off, aínda que é certo que ultimamente os resultados non foron os desexados e acumulan tres derrotas consecutivas. En opinión de Tito Díaz, isto levaralles a estar moi alertas e necesitados gañar, polo que o equipo herculino deberá desenvolver "unha moi boa defensa do bloqueo directo", con especial atención a Jaka Lakovic e os seus bloqueos directos centrais, "unha boa defensa colectiva para parar o un contra un" porque contan con excelentes tiradores, "e o control do rebote", xa que avantaxan en sete recuperacións máis por partido con respecto ao Leyma Básquet Coruña. A todo isto haberá que unir frescura e lucidez no ataque para atopar o camiño do aro.

"Conforme avanza a liga o equipo está con ganas e forte", asegura Tito, que espera que os seus sigan a senda de vitorias iniciada ?tres partidos gañados do catro últimos xogados- para subir postos na táboa. 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.