O Leyma Básquet Coruña 2014/15 ponse en marcha

Ao longo do día de hoxe, os xogadores do primeiro equipo do Leyma Básquet Coruña pasaron recoñecemento médico na clínica Quiron de Riazor. Por alí pasaron un a un todos os xogadores do primeiro persoal fóra de Laszlo Dobos, que se incorporará o martes aos adestramentos tras disputar o preeuropeo coa súa selección, e Albert Homs quen está a adestrar co Obradoiro ata o vindeiro luns.

Ao recoñecemento médico inicial uníronse 3 mozos das categorías basee: Gerardo Dorda, Rubén Rei e Marcos Escobar que reforzarán os adestramentos e o equipo durante a tempada.

Mañá pola mañá, terá lugar a primeira sesión de adestramento no Palacio dos Deportes que servirá de toma de contacto e desengrasar a maquinaria de face ao próximo luns.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.