O Junior Masculino inicia o domingo o Campionato de España

O equipo Junior masculino, que tan brillantemente logrou a clasificación para o Campionato de España, comezará a súa andaina nesta fase final o domingo ás 16 horas fronte ao Myrtia Baloncesto Murcia (2º clasificado de Murcia)

O segundo partido disputarao o luns, tamén ás 16 horas no mesmo escenario fronte ao Espazo Torrelodones. A última xornada desta primeira fase disputaraa fronte ao Catalá Occident Manresa o martes.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.