O Junior Masc clasifícase para o Campionato de España

O equipo dirixido por Fernando Buendía, con Héctor Méndez como axudante e Martín Puñal de delegado, logra a clasificación para o Campionato de España Junior de Clubs como terceiro clasificado da liga Galega tras unha gran tempada na que ocuparon os postos altos da clasificación durante toda a competición.
O equipo logrou a clasificación tras terminar a competición  en terceira posición, empatado a vitorias co outro equipo coruñés da competición, o Sant Yago, pero as vitorias dos nosos nos enfrontamentos directos de ambos os equipos nos dous partidos de liga sitúanos por encima na clasificación.
Os outros equipos galegos que lograron a clasificación xunto aos nosos, foron o Estudantes de Lugo como campión e Marín como subcampión.
Esta será a segunda ocasión na historia na que un equipo do Club logra a clasificación para a fase final dun Campionato de España, tras a clasificación lograda tamén polo equipo junior no ano 2011, por aquel entón tamén adestrado por Fernando Buendía.
O Campionato disputarase na localidade Pontevedresa de Marín do 4 ao 10 de Maio onde se concentrarán os 32 equipos clasificados. A competición desenvolverase nunha fase inicial de 8 grupos de 4 equipos onde os 2 primeiros clasificados de cada grupo clasificaranse automaticamente para os oitavos de final.
Parabén a todo o grupo de xogadores e técnicos que o lograron:
Carlos Corrochano, Daniel Arcas, Darlyn Reynoso, Diego Albo, Diego Xusto, Fernando Vidal, Marcos Escobar, Mario Silvarrey, Martín Belo, Martín Montero, Pablo López-Pizarro, Xalo Rancaño,  Pedro Béjar, Martín Puñal, Héctor Méndez e Fernando Buendía.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.