O Ford Burgos marcha nestes momentos terceiro na clasificación con 17 vitorias e 7 derrotas. Na segunda volta unicamente perdeu dous partidos en Melilla e en casa fronte a Palencia.
Enfrontámonos co mellor equipo da competición no rebote, un equipo que traballa moi ben o rebote ofensivo o que lle outorga en múltiples ocasións segundas opcións, polo que o Leyma deberá pór moito empeño neste aspecto para manterse no partido.
O posto de base confórmano: Albert Sabat quen en 24 minutos promedia 9,5 puntos e 2,1 rebotes e Juan Aguilar con 17 minutos de media nos que achega 3 puntos e 2 rebotes. A liña exterior fórmana: Roma Bas con 22 minutos de media (6,8 puntos e 1,3 rebotes) Jeff Xabier 27 minutos de media (12,2 puntos e 2,6 rebotes), Anton Maresch, 20 minutos de media (7,7 puntos e 2 rebotes) e Antonio Pena, 22 minutos (9,2 puntos e 4,3 rebotes). O xogo interior conta co MVP do equipo, a á pivot Pep Ortega quen en 27 minutos de xogo anota unha media de 14,3 puntos e captura 8,3 rebotes; Mareks Mejeris, 16 minutos por partido (6,9 puntos e 5,6 rebotes); Tylor Coppenrath, 20 minutos (9,3 puntos e 5,5 rebotes) e Sergio Olmos, 17 minutos (6,9 puntos e 4,6 rebotes).
Para este partido, Perico Diaz poderá contar con Sexan Ogirri recuperado da súa lesión muscular, con todo, terá que esperar unha semana máis por Jesús Castro quen encara a última fase da súa recuperación.
O partido disputarase mañá ás 21 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.
O Ford Burgos visita o Palacio dos Deportes
27 Mar 2014