O equipo Inf. que loitará por disputar a liga FGB ponse en marcha

Este equipo de categoría infantil comezará os adestramentos o luns ás 12 no IES Sardiñeira. Todos os xogadores do Club que fosen avisados que vaian pertencer a este equipo, e os novos que queiran estar en rendemento, nacidos no ano 2001 e 2002; deberán presentarse o luns 4 de agosto, ás 12 da mañá na pista do IES Sardiñeira. 

O seguinte adestramento previsto para este grupo será o martes de 16.30 a 18.30 no IES Sardiñeira. 

O resto de equipos infantís do Básquet Coruña comezarán os seus adestramentos os primeiros días do mes de setembro e comunicaráselles pola vía habitual.