O Club Leyma Básquet Coruña pon en marcha o seu programa de formación para adestradores

O vindeiro martes 26 de xaneiro arrinca o programa de formación para adestradores organizado polo Club Leyma Básquet Coruña. Ao longo dos próximos meses sucederanse diversas xornadas destinadas a favorecer a progresión dos adestradores mediante os coñecementos dos expertos encargados de impartir as charlas, así como compartindo experiencias e coñecementos entre todos os asistentes.

O horario habitual de celebración destes encontros será os martes ou xoves a partir das 22:30 horas, xeralmente na Polideportiva de Riazor 2. En canto estea pechada a planificación, o Club dará a coñecer o calendario detallado.

A primeira sesión, que terá lugar este próximo martes, estará centrada nos resultados da tese doutoral defendida recentemente pola nosa compañeira Iria Uxía Romarís Durán, adestradora axudante do equipo LEB Ouro do Club, cunha cualificación de ?Sobresaliente cum Laude?.

· Data: Martes 26 de xaneiro ás 22:30 horas.

· Lugar: Aula do Palacio dos Deportes de Riazor

· Tese: Accións tácticas máis relevantes no resultado das posesións en baloncesto en función do sistema de xogo en ataque e en defensa. Por Iria Uxía Romarís Durán.

Todas as xornadas englobadas neste programa son de portas abertas para todos os adestradores/as que queiran asistir, incluídos doutros clubs da cidade.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.