O Club Básquet Coruña é a entidade deportiva con máis equipos federados de toda Galicia, un total de 35, segundo recolle nunha reportaxe a web especializada en baloncesto Solobasket.
A web fala e enxalza aos "clubs de barrio" que axudan a manter a base da pirámide do baloncesto a nivel nacional. Falan de "miles de persoas no anonimato, lonxe da elite, pero que redobran as súas obrigacións a cambio de ilusión e de cooperación".
Na Coruña, líder co Básquet Coruña en equipos federados , o primeiro equipo, o Leyma Coruña "leva desempeñando un gran papel desde o seu ascenso a Leb Ouro en 2012".
A máxima do club laranxa é "facilitar a práctica do baloncesto a todo neno ou nena que queira achegarse a este deporte". Unhas altas cifras de deportistas cimentadas non só no coidado da canteira senón tamén no "reflexo do primeiro equipo, unha fonte de inspiración para eles". E a pesar que "o maior brillo dos focos lévallos o equipo Leb" non tería razón de ser sen a prolífica canteira laranxa.
Desde o club Básquet Coruña damos grazas a Solobasket por visibilizar á nosa base. Traballaremos para seguir crecendo para que todos os nenos e nenas que o desexen poidan xogar ao baloncesto.