O Club Básquet Coruña convoca o seu Campus de Tecnificación para o mes de xullo

Dentro da programación de verán e do mesmo xeito que en anos anteriores, o Club Básquet Coruña celebra no mes de xullo o seu Campus de Tecnificación, orientado a seguir impulsando o crecemento deportivo da futura canteira do baloncesto na nosa cidade. A actividade dirixida a deportistas de 11 a 18 anos terá lugar de luns a venres en horario de mañás no Polideportivo Elviña 1, comezando o 9 de xullo e finalizando o día 20.

A inscrición pode realizarse en liña desde hoxe ou ben presencialmente nas oficinas de Arquitecto Rei Pedreira 3. Para participar na primeira semana do campus o prazo finaliza o 6 de xullo, mentres que para a segunda semana finaliza o día 13.

Todos os xogadores e xogadoras da Coruña e a súa contorna terán unha nova ocasión de seguir practicando o baloncesto nas vacacións de verán e de aproveitar o parón da competición para dedicar dez intensas xornadas a reforzar as súas habilidades técnicas e tácticas, da man de adestradores de sólida experiencia.

A inscrición por cada semana ten un custo de 120 euros. O prezo do servizo opcional de transporte é 25 euros cada semana.

Os xogadores do Club Básquet Coruña, así como as súas escolas vinculadas teñen dereito a un prezo reducido. Ademais, aquelas familias que inscriban a máis dun participante terán un desconto do 10% na matrícula a partir do segundo irmán.

Os mellores tecnicos do baloncesto galego

Un ano máis os adestramentos estarán dirixidos polos mellores técnicos galegos do momento, de modo que os participantes reciban iniguallables ensinos técnico tácticas.