O Campus de tecnificación confirma ás súas 5 primeiros adestradores

A 3 semanas para empezar o Campus de Tecnificación, xa temos confirmados os 5 primeiros nomes dos adestradores cos que poderán gozar os participantes a este Campus.

Esta actividade ten como obxectivo incidir sobre algúns aspectos técnico-tácticos do xogo imprescindibles para a mellora do xogador. O verán é un bo momento para investir tempo en aspectos sobre os que é máis difícil facer fincapé durante a tempada de competición.

Nesta primeira edición do Campus, teremos a honra de contar coa colaboración de adestradores de renome e gran experiencia como, entre outros: Liño López (adestrador Universitario de Ferrol LF1), Nacho Silva (adestrador axudante Celta LF2), Alberto Pérez (seleccionador galego de mini masculino), Óscar Latexe (adestrador axudante Dominion Bilbao ACB), Rubén Vázquez (adestrador axudante cociñas.com LEB OURO)…

Máis info aquí

Boletín de inscrición  

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.