Na tarde de hoxe, os participantes do Campus puideron gozar coa presenza do xogador do Leyma Básquet Coruña Anxo Hernández.
Anxo participou activamente nas actividades expostas polos adestradores aos niñ@s e respondeu a todas as inquietudes tanto dos máis pequenos como dos maiores.
Esta foi a primeira visita de xogadores ao Campus, pero non será a última, mañá contaremos coa presenza de Sergio Olmos e Claudia Calvelo. Lembramos que Sergio Olmos é un pivot do Autocid Burgos, esta tempada proclamáronse campión de liga Leb obtendo o ascenso deportivo á liga Endesa. Doutra banda, Claudia Calvelo, é unha xogadora coruñesa cunha grandísima traxectoria internacional con España en todas as categorías inferiores, obtendo medallas en mundiais e europeos; a tempada pasada disputou a liga alemá co Wasserburg proclamándose campioa na DBBL.