O camiño a seguir

O Leyma Coruña consegue a undécima vitoria da tempada ao vencer a Cáceres Patrimonio da Humanidade por 68-46 en casa, pero perde ao capitán Pecius por unha grave lesión durante o encontro.

A pesar de que o partido non tiña transcendencia para ningún dos dous equipos, xa que non se arrastra o resultado para a seguinte fase, había ganas de facer un bo papel e alcanzar a vitoria.

O equipo visitante puña os seus argumentos sobre a mesa no primeiro cuarto, onde os locais parecían ir arrincando a maquinaria. Pero aos poucos o conxunto dirixido por Sergio García ía enchufándose e, con ganas de brindar unha vitoria aos 250 afeccionados que puideron volver ao Palacio a apoiar ao equipo, puxeron velocidade de cruceiro e a base de solidez tanto en defensa como en ataque, deron un recital de bo facer.

A nota negativa do encontro foi a terrible lesión do capitán Augustas Peciukevicius, que parece romperse o tendón de Aquiles. En palabras do adestrador laranxa "é o meu xogador máis importante do equipo, polo que representa, polo día a día, personalidade, sentido de xogo, líder defensivo do equipo... Para nós foi un xerro de auga fría e só quédanos apoiarlle, pero foi algo terrible".