O Basquet Coruña participará desde o 17 de setembro na Copa Galicia EBA

O filial do Leyma Básquet Coruña baixo a dirección do técnico Sergio Cubeiro no banco, comeza a andaina desta campaña coa súa participación na Copa Galicia EBA.

Os de Cubeiro arrincan a tempada con forza co obxectivo de consolidarse como grupo e conseguir todos os obxectivos.
O formato de competición constará de dous grupos de catro equipos cada un, que xogarán a diario de liga a unha volta. O campión de cada un dos grupos disputará a final: 1º do Grupo A Vs 1º do Grupo B.

Os equipos participantes son os seguintes:

Baloncesto Narón

Cenor Obradoiro

Instituto Rosalía

Estudantes Lugo Leyma Natura

Sto.Domingo de Betanzos

Chantada

Club Ourense Baloncesto

Leyma Básquet Coruña

A continuación achegamos o calendario da liguiña e as datas da final, cuxa sede será designada polo Comité de actividades da Federación Galega de Baloncesto.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.