O Básquet Coruña logra a clasificación para a liga FGB inf. masc.

O equipo adestrado por Héctor Méndez logrou a clasificación para disputar unha tempada máis a liga FGB en categoría infantil masculino. Para lograr a clasificación, tiveron que xogar unha fase previa que consistiu, en primeiro lugar, unha fase de grupos xunto con outros representantes do norte de Galicia que xogaron os seus partidos o pasado fin de semana; tras esta fase de grupos, na que se clasificaron en primeira posición, enfrontaríanse ao segundo clasificado do outro grupo, Marín Peixegalego. No día de onte, en Santiago, tivo lugar este partido que os nosos lograron vencer por 72 a 63 e que lles deu o pase definitivo á competición autonómica.
Coa clasificación do equipo infantil masculino, o Club Básquet Coruña contará con presenza  en categoría infantil, cadete e junior masculina nas ligas FGB.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.