O Básquet Coruña lamenta o falecemento de Michael Uchendu

O pivote brasileiro Michael Uchendu, xogador do noso Leyma Coruña de Leb Ouro a pasada campaña, faleceu esta tarde afogado nun accidente coa súa moto acuática no que se viu involucrado.

Toda a familia laranxa sumámonos ás condolencias e pésame aos seus familiares e amigos pola tráxica perda dun mozo e prometedor xogador e por encima de todo unha excelente persoa. Descanse en Paz.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.