O Básquet Coruña agradece ao Depor a súa solidariedade e colaboración

Tras o incendio que o pasado domingo calcinou as nosas instalacións, o Real Club Deportivo púxose á nosa disposición para axudarnos na medida do posible. Deste xeito, o Depor cederanos, mentres leven a cabo as obras de rehabilitación das instalacións de Arquitecto Rei Pedreira, un espazo que necesitamos para desenvolver a actividade de xestión diaria. Desde O PROXIMO XOVES 23, as oficinas do Club Básquet Coruña trasládanse aos espazos dispoñibles nos palcos VIP do estadio de Riazor.
O horario de apertura no Paseo da Habana será o mesmo que ten a oficina de atención ao socio e accionista do Depor: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.
Unha vez máis o Depor demostra a súa grandeza como Club, algo que agradecemos con acerto Fernández e o resto de membros do Consello de Administración.
Do mesmo xeito, reiteramos o noso agradecemento aos centos de cidadáns e organizacións da nosa cidade e do resto do país que nos mostraron a súa solidariedade e a súa dispoñibilidade, En especial, agradecémoslle ao Concello, co seu alcalde, Carlos Negreira á cabeza, todo o seu apoio desde o primeiro momento.
  

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.