O apoio á Asociación Galega de Fibrosis Quística, nos nosos '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa deste venres

Este venres no intermedio entre o primeiro e segundo cuarto do encontro ante o CB Prat apoiaremos o traballo da Asociación Galega de Fibrosis Quística dentro do noso programa '17 partidos, 17 causas' da Obra Social da Caixa.

Ademais, animamos a todos os nosos afeccionados, socios e abonados a que acudan este sábado día 2 ás 23.30 horas ao Concerto benéfico da banda rock Prime Ministers na Sala PELICANO. A recadación íntegra irá destinada a esta asociación. As entradas pódense adquirir en Ticketea.

O obxectivo é recadar fondos e dar visibilidade á enfermidade e ao traballo da asociación.

A fibrosis quística é unha enfermidade hereditaria que adoita afectar o sistema respiratorio, páncreas e glándulas sudoríparas, adoita comezar na infancia e caracterízase pola presenza de infeccións respiratorias crónicas, insuficiencia pancreática e afectación de fígado e bazo. Esta patoloxía afecta a 1 de cada 2.000-3.500 nados vivos, sendo a máis frecuente das enfermidades hereditarias mortais na poboación de raza branca.

Desde o Básquet Coruña queremos pór o valor o traballo da asociación e concienciar sobre a importancia do apoio á investigación sobre esta enfermidade.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.