O Alcalde Xulio Ferreiro visita os adestramentos do Leyma Básquet Coruña

O alcalde da Coruña Xulio Ferreiro visitou esta mañá a sesión de adestramento do primeiro equipo do Leyma Básquet Coruña no Palacio dos Deportes de Riazor, en compañía do concelleiro de Deporte José Manuel Sande.

Membros da xunta directiva do Club, encabezados polo seu presidente Juan Carlos Fernández, explicaron aos responsables municipais a función de espello que o equipo LEB Ouro cumpre ante os 600 nenos e nenas que integran os equipos e escolas de base do club.

Juan Carlos Fernández destacou que os máis pequenos aprenden valores moi relevantes para a súa vida, como o premio ao esforzo, o afán de superación e, moi importante, que o deporte de alto nivel é compatible cos estudos académicos e a formación intelectual, xa que é algo que ven feito realidade nestes xogadores.

No encontro o alcalde puido coñecer e saudar persoalmente a toda a plantilla e corpo técnico do equipo, así como aos mozos canteiráns que adestran co equipo LEB Ouro. Xulio Ferreiro confirmou que apoiará ao equipo este domingo desde a bancada, no encontro contra o COB con motivo do XXIX Trofeo Teresa Herrera.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.