Novo apartado para actividades na web

O Club crece e a nosa Web tamén, creamos agora este pequeno apartado de actividades onde poderedes ver todos os eventos que haberá esta tempada, as noticias, actividades, imaxes nas que traballaremos ao longo do ano. Faremos que se reflicta aquí dita información para todos os que nos seguides poidades ter esta páxina como un vehículo onde a nosa achega chegue a todos os lugares e difundir o que pasa na nosa cidade. Ensinamos aos máis peques a descubrir as súas habilidades e penetralos un pouco no mundo do baloncesto coas actividades que programamos en vacacións e festivos. Así pois no Club Básquet Coruña ademais de existir os equipos federados e escolas, teremos este pequeno apartado, que se encarga dos máis pequenos e ao tempo de lecer e gozar á vez que aprenden xogando deste deporte.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.