Nova ponte chea de baloncesto para as preseleccións galegas cadete e mini

A canteira do Club Básquet Coruña volverá estar presente este fin de semana nas concentracións das preseleccións convocadas pola Federación Galega de Baloncesto. Aproveitando a chegada dunha nova festividade entre semana -1 de Novembro, Día de Todos os Santos- sucederanse na Estrada seis xornadas de seguimento das categorías cadete e de minibasket, masculinas e femininas, entre o domingo 30 e o martes día 1.

En total, tres días de intensa preparación e convivencia no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro, polo que pasarán máis de oitenta novos deportistas de clubs de toda Galicia, entre os cales non faltarán xogadores laranxas desexosos de seguir mellorando nas súas habilidades técnicas e tácticas, ademais de pasalo ben e de reencontrarse con amigos.

Alí estarán Rubén Souto -categoría cadete masculina- e Anxo Casais -categoría mini masculina-, así como Pomba López-Keller, que adestrará coa preselección mini feminina. Ademais, o corpo técnico designado pola FGB tamén contará con representación do Club, xa que o noso adestrador de preinfantil Héctor Méndez actuará como axudante para as sesións da preselección cadete masculina.

Parabén aos nosos deportistas por esta nova ocasión de seguir crecendo e gozando deste marabilloso deporte que nos une.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.