Jorge García Barreiro é un dos cadetes do Básque Coruña convocados polo corpo técnico da Selección Galega Cadete masculina, do que forma parte como axudante,o tamén laranxa Héctor Méndez Vidal. O seleccionador, tras a marcha por temas deportivos do anterior técnico Diego Fernández, será o extécnico do noso equipo de LEB Ouro Perico Díaz. Jorge fora preseleccionado para a concentración que tivo lugar en Marín o 9 e 10 de setembro e agora chega esta nova convocatoria.
O lugar elixido pola Federación Galega de Baloncesto para a concentración foi o Pavillón Manuel Coto Ferreiro da Estrada. Alí os 16 xogadores convocados terán dúas xornadas de traballo divididas en sábado e domingo de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00, finalizando ás 20:30 do propio domingo 1 de outubro.
Desde aquí desexámoslle moita sorte a Jorge e a todos os xogadores das categorías inferiores do Club Leyma Básquet Coruña que foron convocados para as diferentes concentracións que se realizan este fin de semana.
Nova convocatoria do cadete Jorge García coa preselección galega cadete
29 Set 2017