Mide a túa precisión e a túa resistencia no pentatlón moderno do Campus Milenium

Xa non queda nada para que arrinque o Campus Milenium pero aínda temos tempo para adiantarche algunha actividade máis das moitas que che esperan ademais do deporte protagonista, que por suposto será o baloncesto. Ven coas pilas moi cargadas porque os do club 100Tolos, que desenvolven as súas actividades na Coruña e Oleiros, vannos a penetrar no mundo do pentatlón moderno.

O seu nome pode resultar enganoso: efectivamente combina cinco deportes pero é unha modalidade olímpica moi antiga, ideada polo fundador dos Xogos Olímpicos modernos desde 1912, e as súas orixes remóntanse aos primeiros Xogos de Grecia e Roma.

Neste tipo de competición os participantes mídense en cinco probas: equitación, natación, tiro de precisión, esgrima, e carreira. No noso Campus centrarémonos no tiro de precisión e a carreira, así que afina a puntaría e pon a ton as túas pernas e a túa resistencia, que en breve damos o pistoletazo de saída!

Reunión informativa este sábado

Para que todos os nenos e nenas cheguen ao Campus Milenium ben preparados para gozar a lume de biqueira, lembramos ás súas familias que este sábado 24 de xuño celebraremos a reunión informativa previa, ás 18:00 horas no Poliderpotivo Agra 2.

Xa sabes, este verán temos un plan que vas quedar xeado!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.