Maxia

A pesar de que o encontro comezou descafeinado por parte de ambos os conxuntos, con escasa anotación e máis tenteo que puntos, pronto se enfundaron o mono de traballo e a igualdade foi total durante os 40 minutos. O primeiro cuarto finalizaba 20-17, pero pouco durou a vantaxe local, xa que o conxunto coruñés tirou de físico, de defensa e de rebote para pór en aprietos aos xogadores de Toni Ten. Ao descanso, a igualdade era absoluta, tal e como indicaba o luminoso 40-39.

Á volta dos vestiarios, o guión continuou sendo o mesmo. Ambos os conxuntos loitaban cada balón e cada canastra, deixando claro que esa sería a tónica ata o último segundo. O final do terceiro cuarto era de 58-57, e quedaba todo por decidir nos últimos 10 minutos.

E así foi, como cunha conexión inmellorable, unha concentración impecable e un talento sobresaliente, o conxunto coruñés levou a vitoria. 77-78 tras un taquicárdico último período e brillantez absoluta por parte dos xogadores laranxas.

Esta vitoria deixa ao Leyma Coruña con 8v/5d na loita pola clasificación para o playoff. O seguinte encontro será o domingo 18, ás 18:00h, en #OFornodeRiazor ante Covirán Granada. Un encontro moi importante no que necesitamos todo o apoio da #FamiliaNaranja desde as bancadas.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.