Mateo López Veiga, convocado ao CETI autonómico da Federación

O noso xogador Mateo López Veiga recibiu a boa noticia da súa convocatoria para participar no CETI autonómico que organiza a Federación Galega de Baloncesto este martes día 6 de decembro no Pavillón Restollal, en Santiago de Compostela.

A cita, para xogadores nados no 2004, serve como seguimento dos Cetis realizados nas diversas Áreas Xeográficas durante toda a tempada. Mateo adestrará nunha intensa sesión de tarde xunto con outros dezasete nenos de toda Galicia, contando así cunha nova e excelente ocasión de crecer como deportistas e persoas, e de facer novos amigos neste apaixonante mundo do baloncesto. Parabén!

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.