Marta Novás Ogén, Idoia Filgueira e Nicolás Barreiro Álvarez do 2009, e Inés Ferreirós en 2010, estarán nas xornadas de harmonización da FGB

A nosa xogadoras Marta Novás Ogén, Idoia Filgueira e Inés Ferreirós e o noso xogador Nicolás Barreira Álvarez foron chamados para participar nas as xornadas de harmonización para nadas/vos en 2009 e 2010, que se celebrarán o próximo 31 de marzo nas instalacións do colexio Peleteiro de Santiago.

As xogadoras e xogadores 2009 están convocados/as ás 10.45 horas no colexio, os adestramentos terminarán ás 18 horas e terán que levar o equipamento do seu club para realizar os adestramentos. Cada grupo estará adestrado por un técnico superior e tres axudantes. Haberá, ademais, unha charla coloquio de 11.15 a 12.30 no Salón de Actos para os pais, nais e titores das xogadoras. A convocatoria no caso de Inés (2010) comeza ás 11:00 e desenvolve as mesmas actividades en diferentes horarios.

A comida, que correrá a conta da Federación Galega de Baloncesto, será ás 13.45 nas instalacións colexiais. Ademais, xogarán un 4x4 en horario de tarde os participantes en categoría masculina e feminina con acceso aos familiares a partir das 16.30 horas no pavillón cuberto. Todas as xogadoras e xogadores recibirán un obsequio pola súa participación na actividade.

Desde o Básquet Coruña desexamos aos nosos xogadores que gocen da actividade formativa.