Mañá venres finaliza o desconto por pago anticipado do Campus Milenium

Mañá venres 17 de maio ás 24:00 horas finaliza o prazo de inscrición para o XXIV Campus Milenium con pago anticipado.

Despois de apenas nove días coa plataforma de inscrición operativa, son xa máis dun centenar de participantes os que reservaron a súa praza para unha nova edición do noso tradicional Campus de verán.

A partir da próxima semana comezaremos a presentar as actividades deste ano, nas que repetiremos aquelas de máis éxito nas últimas edicións, e engadiremos outras novidades para goce de todos os nenos e nenas. E por suposto sen esquecer o baloncesto".

Máis información

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.