Mañá despedimos o Campus Milenium en compañía das familias

Despois de dúas semanas de intensa actividade deportiva e lúdica, mañá venres finaliza o XXI Campus Milenium, no que os participantes puideron gozar ademais de dúas visitas de altura, as dos nosos xogadores do primeiro equipo Anxo Hernández e Sergio Olmos, que unha vez máis repartiron agarimo e paixón polo baloncesto aos máis novos.

Como broche final ao campamento, o polideportivo Agra 2 acollerá a partir das 17:00 horas o acto de clausura ao que están convidados todos os pais e familiares dos participantes.

Un total de 160 nenos e nenas de 5 a 15 anos divididos por idades en diversos batallóns, melloraron as súas destrezas baloncestísticas ou viviron por primeira vez este deporte, á vez que experimentaron outras modalidades deportivas como o rugby, o piragüismo, a escalada, a patinaxe, a natación, o ultimate, os karts ou a esgrima.

Entre as actividades lúdicas, os pequenos puideron gozar da auga no Aquapark de Cerceda e do cinema coa película ?Buscando a Dory?. Como novidade deste ano, os medianos e maiores xogaron ao Quidditch muggle, unha modalidade coñecida polos libros e películas de Harry Potter e que conta con campionatos a nivel estatal e europeo. Tamén houbo ocasión para celebrar un taller de aprendizaxe do protocolo de reanimación cardio pulmonar.

Grazas ao convenio entre Down Coruña, Repsol e o Club Básquet Coruña, oito nenos e nenas con síndrome de Down están a gozar do campus nun ambiente de plena integración, no que todos os participantes aprenden e enriquécense mutuamente.

Por primeira vez, para as sesións de multideporte o Club Básquet Coruña buscou o apoio dos clubs e asociacións deportivas da cidade, unha positiva experiencia á que pretende dar continuidade en próxima edicións.
Xunto ao baloncesto, estas son as actividades celebradas no campus, a maioría delas con apoio do tecido asociativo da Coruña:

Escalada - AMI (Agrupación de Montañeiros Independente) http://amimontanismo.es/

Piragüismo - Sociedade Deportiva As Xubias http://sdasxubias.eu/

Ultimate - Polbo Ultimate Coruña https://www.facebook.com/polboultimatecoruna/

Karts - Xira Galega Karting http://xirakarting.com/es/coruna/

Patinaxe - Alquimia Inline https://www.facebook.com/alquimiainline/

Rugby - CRAT A Coruña https://www.facebook.com/crat1976/

Esgrima - Club Esgrima Coruña https://www.facebook.com/clubesgrimacoruna/

Aquapark de Cerceda http://www.aquaparkcerceda.es/gl/#.V2ou35_mLSUk

Quidditch https://www.facebook.com/acorunaquidditchteam

Piscina - Piscina Municipal de Riazor

Taller RCP - Aprendizaxe do protocolo de Reanimación Cardio Pulmonar

Cine: "Buscando a Dory"

Sen dúbida, estas dúas semanas que pasaron voando formarán parte dos mellores recordos deste verán que acaba de comezar e animarán a organizadores e participantes a repetir en próximas edicións. Máis e mellor.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.