Leyma Natura renova o seu compromiso co Básquet Coruña para a tempada 2018/2019

Desde o Club Basquet Coruña sentimos orgullosos de anunciar que un ano máis LEYMA, a marca láctea de máis importancia na Coruña e Galicia, renovou a súa confianza no noso proxecto como patrocinador principal do Club.

O acordo inclúe o 'naming' do primeiro equipo que será de novo "Leyma Coruña", así como o apoio ás categorías de formación que na tempada pasada contaba con máis de 30 equipos federados e que coas escolas de baloncesto en colexios sumaban 700 nenos tutelados na súa formación deportiva polo Club. O apoio de LEYMA supón un fito moi importante para o Básquet Coruña, que quere agradecer un ano máis o seu compromiso firme e decidido co Club, o baloncesto e coa cidade da Coruña. Grazas ao seu apoio constante o Club puido asentarse na cidade e crecer en todos os aspectos como o fixo durante os últimos anos.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.