Laura Ibáñez e Rubén Souto compiten coa preselección galega

Os nosos xogadores Laura Ibáñez, da categoría infantil feminina, e Rubén Souto, da cadete masculina, foron citados pola Federación Galega de Baloncesto para adestrar coas respectivas preseleccións galegas nas concentracións previstas o día 6 de decembro na Estrada, en horario de mañá e tarde. Héctor Méndez, adestrador laranxa, formará parte do corpo técnico dos cadetes, como adestrador axudante.

Tras esta xornada de preparación, ambas as preseleccións desprazaranse a outros puntos de España para participar en dous torneos fixados do 9 ao 11 de decembro.

No caso da categoría infantil feminina, Laura Ibáñez e o resto de deportistas competirán na localidade asturiana de Pola de Lena no torneo que organiza a Federación de Baloncesto do devandito principado.

Pola súa banda, Rubén Souto e Héctor Méndez viaxarán cos seus compañeiros de preselección á localidade guipuscoana de Zarautz, onde disputarán o torneo organizado pola Federación Vasca de Baloncesto.

En ambas as competicións os galegos mediranse a deportistas das comunidades autónomas de Euskadi, Castela León e Asturias.

Sorte á nosa representación galega e especialmente aos laranxas!