LARRY ABIA RENOVA POLO LEYMA BÁSQUET CORUÑA

O Club Leyma Básquet Coruña anunciou hoxe a renovación do contrato do beirado Larry Abia, que deste xeito e por segunda tempada consecutiva seguirá ofrecendo o seu espectacular xogo defensivo ás ordes de Perico Díaz.

De nacionalidade española, Larry Abia formouse deportivamente en todas as categorías basee da Valencia Basket. Alí comezou a súa carreira profesional na tempada 2011-2012, alternando a súa participación na liga EBA coa ACB, así como na Eurocup, ata que na pasada tempada sumouse ao sentimento laranxa incorporándose ao persoal do club herculino. No seu palmarés figuran a medalla de bronce con España no Europeo Sub20 en Tallin (Estonia, 2013) e a de ouro na Eurocup coa Valencia B.C. na tempada 2013-2014.

Recentemente cumpridos os 22 anos de idade e cunha altura de 196 cm, posúe un físico portentoso que pon ao servizo dun eficaz xogo defensivo, con gran capacidade de rebote e de xogo  por encima do aro. Na súa primeira tempada na Coruña promedió 3 puntos e 1,6 rebotes nos 25 partidos xogados -13,25 minutos por partido-. Aínda en etapa de crecemento deportivo, nesta nova tempada empregará todo o seu talento para seguir evolucionando como xogador e para achegar experiencia e intensidade ao conxunto.

Coa continuidade de Larry Abia o primeiro equipo do Leyma Básquet Coruña completa o seu persoal para a tempada 2015-2016, apoiándose nunha sólida base conformada polo catro xogadores renovados -Anxo Hernández, Beka Burjanadze, Jesús Castro e agora Abia-. Sobre estes alicerces o adestrador Perico Díaz irá integrando as novas pezas do conxunto: Vladi Orlov, Joan Creus, Gediminas Zyle, Sergio Olmos, Zach Monaghan e Ben Stelzer. A eles uniranse un grupo de xogadores da canteira que estarán na dinámica do primeiro equipo durante a tempada.