A loita contra o cancro de colon, causa solidaria deste domingo

O Club Básquet Coruña S.A.D. homenaxeará, un ano máis, á AECC (Asociación Española Contra o Cancro), na causa social ?17 partidos, 17 causas? en colaboración coa Obra Social da Caixa. A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo día 4 de abril, no encontro entre Leyma Coruña e CB Almansa con Afanion, que se disputará en #OFornodeRiazor ás 18:00 horas.

Esta homenaxe coincide coa conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro de Colon, que se celebra mañá, e con motivo deste día, lanzaron unha campaña de prevención denominada ?#TeSueltoelRollo porque pode ser un rolo que che salve a vida?.

O cancro de colon é un dos poucos tipos de cancro que se pode diagnosticar precozmente, é dicir, antes de que a persoa note algún síntoma. Por iso é tan importante participar nas campañas de cribado, para poder detectar tamén calquera lesión precancerosa. Estímase que preto do 90% dos cancros de colon e recto poderían ser curados se se detectasen a tempo. Investigar en cancro de colon permitiu que nos últimos anos avanzouse moito no diagnóstico e o tratamento. Pero é necesario facer moito máis.

Deixámosvos algunhas ligazóns que nos parecen importantes: https://youtu.be/a1Dlw3pTSFs