A Institución Benéfico Social Pai Rubinos protagonista da partida fronte ao CB Prat

A Real Institución Benéfico Social Pai Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en 1918. Ao longo do século XX, e non sen pasar graves momentos económicos, esa primeira casa refuxio veu crecendo e ampliando o seu ámbito de actuación a unha Escola Infantil e unha Residencia de Anciáns.

A cidade da Coruña non se entende sen o papel que Pai Rubinos xogou ao longo da súa historia recente, e o Club Básquet Coruña desexa recoñecer o seu traballo no partido que o vindeiro sábado disputará fronte ao CB Prat.

O programa "17 partidos, 17 causas" desenvolvida en colaboración coa Obra Social "a Caixa", que recoñece o traballo das asociacións da cidade que traballan por facer unha sociedade máis xusta que diminúa os riscos de exclusión, non podía esquecer á Institución Pai Rubinos durante esta tempada.