Kaiak e rugby na praia de Oza

Dentro das actividades do Campus Milenium hoxe estivemos na praia de Oza con outro batallón nas súas actividades de peche do día, que consistiron na práctica de kaiak e rugby. Uns escoitaban atentos as explicacións dos monitores Pablo, Iago e Jorge sobre as regras do rugby, para comezar acto seguido o seu primeiro partido na area e aprender sobre todo como facer un bo placaje. Case nada!

O resto hanse enfundado os chalecos salvavidas e fixéronse ao mar a bordo das piraguas, tanto de forma individual como por parellas, para gozar dunha travesía de trinta minutos aproximadamente.

Pablo e Diego foron os monitores responsables dos mozos na auga, ademais de contar co apoio doutras dúas monitoras desde unha lancha auxiliar. Ambos pertencen á SD As Xubias de piragüismo, onde levan practicando a modalidade de kaiak once e oito anos respectivamente. Ao saír da auga comentaron a enerxía e o interese que puxeron os mozos e o moito que lles gusta traballar coa canteira, algo que practican con frecuencia cos máis pequenos do seu propio club.

A SD As Xubias colaborou noutras edicións do Campus Milenium co Club Básquet Coruña ensinando ao seu público sempre entusiasta as bases do piragüismo, asegurando ao mesmo tempo unha xornada de area e mar cheo de diversión e exercicio físico.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.