Justin Raffington deixa de pertencer á disciplina laranxa

A Coruña, 13 de xaneiro de 2021. O Club Basquet Coruña SAD comunica que se produciu a finalización do contrato temporal que unía ao Club co xogador Justin Raffington.

Despois de reforzar ao equipo durante 3 meses debido ás baixas na mesma posición de Perris Blackwell, Mouhamed Barro e de Abdou Thiam, o xogador alemán de 29 anos e 2.06 metros de altura pon punto final á súa traxectoria na entidade laranxa.

Desde a súa chegada, a súa adaptación ao club e á cidade foi exemplar en todos os aspectos, axudando ao equipo nun total de 11 partidos, nos que disputou unha media de case 14 minutos por partido, contribuíndo con 4,8 puntos e 4,3 rebotes de media en cada un deles.

Desde o Club agradecemos a Justin o seu compromiso, profesionalidade e entrega durante estes meses coa #FamiliaNaranja e desexámoslle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.