Jorge Iglesias dirixe unha nova sesión formativa do programa "E ti como adestras?"

Despois destas últimas xornadas duns históricos playoffs de ascenso á ACB nos que o noso primeiro equipo deunos unha inesquecible lección de audacia, entrega e compañeirismo, o Club prosegue a súa actividade en todas as frontes, desde as categorías base e as escolas deportivas ata, como non, a formación dos adestradores, pezas fundamentais neste apaixonante deporte da canastra.

Mañá xoves terá lugar a que será a penúltima sesión do programa "E ti como adestras?", que levamos celebrando desde o pasado mes de febreiro. Nesta ocasión, o preparador Jorge Iglesias tratará sobre "Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación" na Polideportiva de Riazor 2 ás 22:30 horas e, do mesmo xeito que en case todas as sesións previas, a Federación Galega de Baloncesto outorgará aos asistentes tres horas de formación complementaria para a obtención do título de adestrador.

A entrada a estas charlas é gratuíta e aberta todos os adestradores/as da cidade e área metropolitana. Os interesados poden inscribirse a través do correo club@basquetcoruna.es e o teléfono o Club, o 981 264 022.

O broche de ouro destas xornadas de formación para adestradores porao María José Cousillas o xoves 9 de xuño, cunha intervención baixo o título "Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación".

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.