Javi Lucas convocado para o partido desafío Ouro-Prata

A FEB quixo pechar a tempada das ligas Adecco, coa organización dun partido entre dous combinados formados por unha selección de xogadores de LEB Ouro e LEB Prata, que se enfrontarán o vindeiro domingo 1 de xuño ás 12 horas no mítico pavillón de Magariños.

Ambos os combinados estarán dirixidos polos adestradores do tres primeiros clasificados das citadas competicións. Ademais, a FEB, aproveitará o encontro para pór en práctica algunhas medidas para favorecer o espectáculo  e a rapidez do xogo como: a canastra de catro puntos a 7.50 metros ou o valor triplo dos mates. 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.