Iria Uxía, adestradora axudante do equipo LEB Ouro e técnica na categoría Infantil de Liga Galega do Club Básquet Coruña, participou esta mañá no acto de entrega de premios do XXIX Día do Deporte organizado polo Colexio Sacro Corazón Franciscanas da Coruña.
A preparadora foi a responsable de representar a todos os deportistas de alto nivel igualmente convidados o acto, dirixindo unhas palabras ao alumnado que nas últimas semanas participou nas competicións organizadas no colexio, nas disciplinas de baloncesto, fútbol, voleyball, xadrez, tenis de mesa e atletismo.
Ante uns 450 escolares de 5º de Primaria a 4º de Secundaria e tras participar na entrega de premios aos nenos e nenas gañadores, Iria Uxía falou de todo o que aprendeu no mundo o baloncesto, no que comezou a xogar ao seis anos e no que agora ten a fortuna de desenvolver a súa profesión como adestradora. Ademais de recoñecer a súa satisfacción por poder traballar no que é a súa paixón, quixo animar aos nenos e nenas a aplicar os valores do esforzo, o traballo diario e o compañeirismo na súa práctica deportiva, e a trasladar estas mesmas cualidades persoais e sociais a todos os ámbitos da súa vida.