Un total de cinco xogadores da nosa canteira laranxa ademais do noso adestrador Adrián Álvarez González están citados para a xuntanza premini que terá lugar no Pavillón do Carregalen Betanzos o próximo día 15 de xuño.
Na selección premini zonal en categoría feminina estarán Idoia Filgueira Mañá e Marta Novás Ogén, mentres que na selección premini zonal en categoría masculina estarán os xogadores da nosa canteira Pablo Lorenzo Ruíz, Nicolás Barreira Álvarez e Iago Oroza Sanz
Haberá partidos entre combinados de Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago, Vigo, Arousa, ademais de encontros das seleccións Galicia 2010, en categoría masculina e feminina. O xantar correrá a conta da Federación Galega e a xuntanza finalizará ás 18 horas.
Desde o Básquet Coruña felicitamos aos nosos xogadores pola chamada e desexámoslles que gocen da concentración con xogadores vindos de diferentes puntos de Galicia.