Identidade

O Leyma Coruña imponse en Granada por 67-77 despois dun espectacular último cuarto, grazas ao seu poderío defensivo. Anótase así o primeiro triunfo na serie. O sábado, segundo partido en #OFornodeRiazor.

Chegaba o Leyma Coruña a Granada con ganas e con garra, con intención de levar a vitoria como visitantes. E así foi, saíu cunha intensidade digna das grandes ocasións e cun gran acerto na anotación. O primeiro cuarto finalizaba 18-23.

No segundo cuarto, o guión continuaba sendo o mesmo. O acerto en ataque e a alta concentración en defensa facían que a fluidez do Leyma mostrásese no luminoso, marchando ao descanso con 34-38.

Á volta dos vestiarios, o equipo local saíu con potencia, achegándose ao marcador e tentando superar ao Leyma Coruña. Ao final do terceiro cuarto o resultado foi de 59-58.

E aínda que parecía que o Granada podía remontar, o Leyma tirou de defensa, concentración e orgullo para superar ao equipo andaluz. A identidade do conxunto laranxa, a súa poderosa defensa foi a clave de novo para imporse finalmente e levar o primeiro encontro das semifinais por 67-77.

A serie terá o seu segundo acto este sábado ás 18:30h en #OFornodeRiazor. As entradas están á venda nesta ligazón: https://venda.basquetcoruna.t2v.com/index/index

Tamén se poden comprar nas nosas oficinas, na web ou nos despachos de billetes do Palacio o día do partido. Os convivientes xuntos só poderán comprar as súas entradas nas nosas oficinas ou en despacho de billetes o día do partido.