Horarios dos adestramentos da base para a tempada 2016-2017

Co inicio do mes de setembro informar o horario de adestramentos de todas as categorías basee nesta nova tempada 2016-2017. Tede en conta que nalgúns casos esta táboa de horarios pode sufrir algúns cambios, en principio de carácter menor, dado que está pendente a resolución municipal para a concesión definitiva do uso das instalacións deportivas dependentes do Concello da Coruña.

Trátase de horarios aplicables tanto ás categorías que xa estiveron adestrando en agosto como para as que comezan a facelo o vindeiro luns día 5. Ao longo da tarde de hoxe venres e de mañá sábado pola mañá todos os xogadores e xogadoras recibirán a convocatoria específica correspondente á súa categoría e grupo. Para calquera dúbida que vos xurda podedes contactar co Club a partir do luns, polas canles habituais de teléfono 981 264 022 ou correo electrónico club@basquetcoruna.com

Nalgunhas categorías a preparación iniciarase en formato de sesións conxuntas e nas seguintes semanas iranse perfilando os grupos definitivos, cos seus respectivos plans de adestramento.

Benvidos todos á nova tempada do Club Básquet Coruña! #sentimientonaranja