Gustavo Aranzana e o Leyma Coruña separan os seus camiños

O Leyma Coruña e o técnico Gustavo Aranzana separan os seus camiños. O preparador valisoletano, que levaba dous anos á fronte do equipo de Leb Ouro, despediuse nunha rolda de prensa conxunta co presidente Roberto Cibeira e o vicepresidente Juan Carlos Fernández.

O presidente quixo agradecer ao técnico a súa "honradez e traballo" nestes dous cursos, un "punto e aparte" na relación entre ambos, e destacou sobre todo aquel playoff ante o Básquet Manresa a campaña pasada, no que os laranxas estiveron a piques de dar a sorpresa.

Aranzana subliñou que a pesar dos problemas e dificultades, con lesións como as de Zach, Larry ou Quinton, o equipo e o corpo técnico, integrado por Charly Uzal, Román Gómez e Gustavo Gago deron sempre a cara e se supierom sobrepor aos malos momentos.

Así mesmo, enxalzou a figura da afección, que sempre tratou co máximo respecto ao equipo e acompañouno cada quince días en #OFornodeRiazor, con mención especial ao Tsunami Laranxa.

Por último, deu as grazas aos xornalistas presentes na rolda de prensa polo seu bo trato e respecto sempre a equipo e corpo técnico.

Desde o Básquet Coruña queremos dar as grazas a Gustavo Aranzana por estas dúas tempadas á fronte do Leb Ouro e desexarlle moitos éxitos e sorte no seu futuro.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.