Gran actuación do noso infantil masculino

O noso infantil masculino adestrado por Roberto Rivera atópase actualmente competindo no Campionato de España que se disputa en Lugo.

O equipo laranxa caeu nos oitavos de final ante o Unicaja, nun encontro no que os coruñeses plantaron cara aos andaluces, pero no que finalmente foron derrotados (81-65).

O noso infantil masculino accedeu a oitavos tras superar a liguiña previa: perdeu de forma axustada ante Centro Asturiano de Oviedo (63-65), e impúxose a Easo (68-89) e a Imprentas Baía San Agustín, na prórroga (86-79).

Desde o Básquet Coruña felicitamos ao noso técnico Roberto Rivera e ao noso infantil masculino polo seu gran papel no Campionato de España.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.