Fin da primeira quenda do Campus de Nadal!

O cuarto e último día da primeira quenda de Campus de Nadal cambiou o escenario habitual dos tres primeiros. A Normal e a Polideportiva de Riazor 2 deron paso ás instalacións do INEF en Bastiagueiro, onde se puxo colofón a catro xornadas intensas de baloncesto e diversión.

Ao dez da mañá partía o autobús da organización rumbo á Facultade de Ciencias do Deporte, e catro horas máis tarde producíase o regreso. No medio, unha mañá de xogos e de estrega de premios aos gañadores e gañadoras dos concursos e competicións de 3x3, ademais da habitual merenda cortesía de Horno Sanbrandan.

Para revivir a experiencia temos dúas opcións preparadas. A máis inmediata é repasar a nosa galería de imaxes do Campus, pero seguro que a mellor será aproveitar a oportunidade de apuntarse á segunda quenda. Aínda é posible ata mañá!

Todos aqueles que formalizásedes a inscrición para a segunda quenda recibiredes a información correspondente vía correo electrónico o sábado.

Ligazón á Galería de imaxes.

Ligazón á inscrición para a 2º quenda.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.