Fernando Buendía, Antón Comesaña e Dani Mata representan a Galicia

Tanto Antón Comesaña como Daniel Mata forman parte do equipo alevín masculino Básquet Coruña mentres que Fernando Buendía é o adestrador do equipo Junior masculino. Galicia realizou un excelente papel, quedando ás portas do ascenso ao grupo Especial no Campionato de España de Minibásquet que se estivo desenvolvendo estes días en Cádiz.
O Club desexa darlles o parabén polo bo traballo realizado polo tres e anímaos a seguir traballando como ata agora.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.