Este xoves 21 e o domingo 24 segunda e terceira xornada da Copa Galicia EBA para o Leyma Básquet Coruña

O Leyma Básquet Coruña prepárase para afrontar a segunda cita, tras a primeira xornada da Copa Galicia e con todo aínda en xogo. Co resultado desfavorable de 60-74 obtida fronte ao Santo Domingo Betanzos, os de Sergio Cubeiro viaxan a Santiago de Compostela co obxectivo único da vitoria. Para iso deberán enfrontarse ao Cenor Obradoiro CAB nun partido que se disputará mañá ás 21:30 horas.

A Copa organizada pola Federación Galega tamén terá xornada o fin de semana. Nesta ocasión o Leyma recibirá ao Baloncesto Narón na cancha Polideportiva de Riazor II o domingo ás 19:30. Os laranxas esperan contar con todo o apoio da súa afección para lograr a vitoria nesta terceira xornada. O club ferrolán vén de perder tamén o seu primeiro atopo fronte ao Cenor Obradoiro CAB por 62-76 e disputará a segunda xornada contra o Santo Domingo Betanzos.

Semana intensa para equipo e afeccionados que gozarán de novo destas xornadas de baloncesto galego.

Asi está a clasificación da Copa Galicia coa primeira xornada disputada.

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.