Este venres farase a tradicional foto de familia do Básquet Coruña

Durante a previa do partido de noso equipo LEB terá lugar a tradicional foto de familia do Club.

Nesta xornada faranse as fotos oficiais de todos os membros do Club Básquet Coruña que nos próximos días publicaranse na web www.basquetcoruna.com . Todos os xogadores farán a súa foto individual coa indumentaria oficial da tempada, a foto de equipo e a tradicional foto de familia na pista central do Palacio dos Deportes.

Todos estes actos protocolarios comezarán desde 1 hora e 45 minutos antes do comezo do partido que o equipo LEB xogará fronte ao decano da Adecco Ouro, o Melilla Baloncesto.

  

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.