Este luns 31 de xullo, último día para a promoción de abonos de tempada

A promoción de abonos para gozar dos partidos do primeiro equipo no Palacio dos Deportes de Riazor finaliza este luns 31 de xullo, último día para beneficiarse das bonificacións establecidas na campaña "Abónate á tolemia".

O abono familiar, que inclúe a dous adultos e os fillos menores de 18 anos, pode adquirirse baixo a actual promoción por 150 euros, o abono senior -de 25 anos en diante- por 90 euros, e o especial ?menores de 25 anos, desempregados, discapacitados- por 50 euros.

Desde o 1 de agosto en diante, os prezos pasan a ser 180 euros para o familiar, 100 euros para o senior e 60 euros para o especial.

Doutra banda, prosegue a campaña especial 4x3, pola que se un abonado da tempada 2016/17 renova e trae ademais tres abonados novos, regálase o abono de menor valor do catro.

 

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.