Este fin de semana comeza o circuíto sub 22

Este fin de semana comeza unha nova competición organizada pola FEGABA na que participará o Básquet Coruña.

Básquet Coruña será un dos 8 equipos que disputarán esta competición que se organiza por concentracións  que se disputarán durante os fins de semana: de 30 e 31 de maio; 13 e 14 de xuño; e 27 e 28 de xuño. Cada cidade representada nesta competición, organizará unha concentración.

Este fin de semana, o noso equipo debutará na concentración de Vigo xunto con: Seis do Nadal, Vgo Básket e Sigaltec. O gañador do Torneo levará 4 puntos, 3 o segundo clasificado, 2 puntos o terceiro e 1 o cuarto. O gañador desta liga será o equipo que máis puntos some no total de concentracións.

O persoal do Básquet Coruña, conformarana 15 xogadores procedentes do equipo junior, EBA xunto a reforzos chegados doutros equipos. 

O nacemento desta competición, permitirá aos mozos aumentar o período de competición e gozar dunha liga cun nivel esixente que lles permitirá evolucionar como xogadores unha vez finalizadas as competicións oficiais.