Este ano xogamos á Lotaría de Nadal co número 82166

Estamos a menos de oito semanas para o Nadal e, como todos os anos, o club pon en marcha a venda da tradicional Lotaría de Nadal, esa en a que case todos, en maior ou menor medida, compartimos décimos, participacións e ilusión con familiares, amigos e colegas de traballo. Esta tempada xogamos co número 82166. Como é habitual, o club está a distribuír talonarios de venda opcional aos xogadores e xogadoras a través dos seus adestradores/as.

Cada talonario conta con dez participacións dun valor de 5 euros cada unha e dos cales se xogan 4 euros e dóase 1 euro ao Club. Se o xogador/a non está interesado/a en vender a lotaría é importante que a devolva ao seu adestrador con moita brevidade, do mesmo xeito que se non se vende o talonario completo. Se algún xogador/a está interesado en vender máis dun talonario pode pedirllo ao adestrador/a.

O club agradece de antemán a vosa participación na venda de lotaría e o voso apoio na procura de recursos que axuden á viabilidade do Club, así como a rápida devolución de talonarios de venda incompleta ou de non venda, sempre a través dos adestradores/as. Establecemos dúas datas límite para entregar a lotaría:

27 NOV: talonarios incompletos, sen posibilidade de máis venda.

12 DIC: data definitiva de entrega de todos os talonarios.

Cada talonario devolverase nun sobre que conteña o matriz sobrante e o diñeiro recadado.

Haberá PREMIO para os 3 xogadores que vendan o maior número de participacións. Consistirá nunha camiseta conmemorativa e un adestramento de tecnificación persoal con xogadores do noso primeiro equipo LEB Ouro. Entre todos facemos máis club! #sentimientonaranja