Esgrima, Láser Run e asistencia ao Festival Sinte ou Flow

Continuamos pechando novas e excitantes actividades no noso Campus Milenium. Teremos diariamente adestramentos de baloncesto, pero ademais grazas á colaboración co club 100tolos os nosos participantes poderán gozar das sesións de pentatlón moderno, concretamente o Láser Run, unha competición combinada de atletismo e tiro, ademais de aprender os fundamentos básicos da esgrima.

Ademais, como unha das grandes novidades, os nosos deportistas visitarán o Monte de Sta. Margarita para participar o 29 de xuño do Festival Sinte ou Flow, organizado pola Concellería de Participación e Innovación Democrática. Unha oportunidade de coñecer diferentes disciplinas artísticas e deportivas da cultura urbana como o hip hop, o breakdance ou o parkour.

Seguimos sumando diversión ao noso Campus Milenium, que está a piques de pechar as inscricións. Vésche?

Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.